miércoles, 30 de mayo de 2007

O Choroso


-A noite envolve meu día,

e Furia matou a Paz,
matou Tristura o Contento,
¡ai, Choroso, sen fogar!
Afunden meus pensamentos,
afunden na Soidade,
n’hai luz, nin día, nin nada
que se leve á Escuridade.

-Choroso, ¿de que te agochas?
Choroso, ¿onde é que estás?
Mozo da ialma perdida,
¿por que é tan grande o Pesar?

-Son os recordos Soidade,
e as lembranzas dos amigos,
son tristuras do pasado
que sempre levo comigo.

-Pois se os recordos te seguen, Choroso,
non tes onde te agochar,
tan só Morte é agocho
do que nunca has retornar.

- Soidade, amiga da Morte,
chámaa, que veña xa,
que remate o sufrimento,
que se leve meu Pesar.

- Grande é túa Loucura,
non es dono do teu siso,
¿que debo facer meu amigo
pra que volva teu sorriso?

- Nada podes facer xa agora,
tan só déixame partir,
pois esta xa non é a forma
na que eu quero vivir.
Non quero máis longas noites
nin máis loucuras tecer
non quero máis tenras bágoas
tan só a Morte é meu querer.

A Helena, Marieta, David, Álex, Rocío, Mónica e Pachi, porque entre todos estades a conseguir que o Choroso recobre o sorriso.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que ben que te decidiras a crear este blog!!!Xa facia tempo que non me deleitaba con algún dos teus versos...E,é que a pesar do parviño que es encantame como escribes porque nótase qeu o fas desde a alma,asi que moito ánimo e sigue así!

Anónimo dijo...

Gústanme moito os teus versos. Cando medre algo máis e saiba escreber de corrido, mandareiche unha das miñas poesías.
Quérote ben. Marieta.