Doces solpores de ouro
con longas praias de prata,
verdes castros de pedra vella
e auga de cor esmeralda.
Fogar de bruxas e meigas
terriña da miña alma,
marco de antigas lendas,
nai que os seus fillos agarda.
Casiña que eu quero tanto,
noites brancas de luar,
ventos cargados de historias,
filla do vento e do mar.
Galiza terra de emigrantes,
grande fogar de Breogán,
tristes choros das gaivotas
que da terra han de marchar.
Triste suspiro de mariñeiro
en noites de tempestade,
triste o das viudas dos vivos
que morren de soidade.
Galiza fogar dos tristes,
humilde pobo de mar,
fogar de grandes poetas
de Rosalía e Pondal.
Esperta adorada Galiza
e abandona o teu pesar,
esperta fogar dos meu soños,
miña casiña, meu lar.
con longas praias de prata,
verdes castros de pedra vella
e auga de cor esmeralda.
Fogar de bruxas e meigas
terriña da miña alma,
marco de antigas lendas,
nai que os seus fillos agarda.
Casiña que eu quero tanto,
noites brancas de luar,
ventos cargados de historias,
filla do vento e do mar.
Galiza terra de emigrantes,
grande fogar de Breogán,
tristes choros das gaivotas
que da terra han de marchar.
Triste suspiro de mariñeiro
en noites de tempestade,
triste o das viudas dos vivos
que morren de soidade.
Galiza fogar dos tristes,
humilde pobo de mar,
fogar de grandes poetas
de Rosalía e Pondal.
Esperta adorada Galiza
e abandona o teu pesar,
esperta fogar dos meu soños,
miña casiña, meu lar.
A Mela e a Helena, por espertar en min a paixón galega.
A Pablo(ESF), porque me esquecín de ti e non era xusto.
E agora máis que nunca, a Ja, porque eres a ostia.... e punto.
A Pablo(ESF), porque me esquecín de ti e non era xusto.
E agora máis que nunca, a Ja, porque eres a ostia.... e punto.
2 comentarios:
Segue a escribir así. Enfrontarse a un folio en blanco non é nada fácil. E tí o estás a facer moi ben.
Bicos moitos.
Moitas grazas pola dedicatoria (e perdoa por non darchas antes, pero vouno deixando e ó final esquézome). Un saúdo e a seguir escribindo, que no mes de Setembro non publicaches nada (anque sei que andas bastante ocupado). En serio, escribes moi ben!
Publicar un comentario