Tanto tempo levaba abandonado este meu blog que en ocasións cheguei a dubidar de se existía realmente, ou era máis ben unha creación máis do meu maxín. Despois de o ter tan abandonado propúxenme a min mesmo retomalo, senón mellor ca antes, si cando menos con máis forza. O motivo desta entrada non é máis que pedir desculpas por abandonar este meu recuncho de alma, e dar as gracias a todas aquelas persoas que me acompañaron estos últimos meses. Sen eles eu non sería quen son, aínda que en ocasións (ao igual que pasou co blog)non esté moi certo da miña propia existencia. Por iso, a miña última poesía vai para todos vós:
-Para David, porque tes o corazón máis grande do mundo e non che esquezo.
-Para Iago, porque me enseñas cada día unha cousa e me sacas un sorriso con só verche.
-Para Cristian, porque hai que ter un valor inmenso para contar o que contaches, porque confiaches en min e porque me ensinaches moito de como afrontar o malo da vida.
-Para Mari Tere(alias Rosana) e Gabriel , porque con eles pasei o que posiblemente foi o mellor mes da miña vida.
-Para Pedro, porque traballar con xente coma ti fai máis agradable o traballo.
-Para Jose Alberto, porque despois de coñecelo (e aprecialo e admiralo) tanto, aínda non sei se chamarlle Jose ou chamarlle Alberto.
-Para Juan Ángel, porque, aínda que non entendas esta galego-dedicatoria, sempre me escoitas cando o preciso.
-Para Gerardo, por apreciarme o suficiente como para gastar o teu tempo botándome as broncas que me merezo.
-Para Rocío, porque eres tan aspacial que me fas rir cada vez que estou contigo.
-Para Alejandro Velo, por ser un deses nenos que poden cambiar o mundo e porque me fixeches sentir orgulloso de min mesmo.
miércoles, 3 de diciembre de 2008
Verbas dun morto en vida
Viven os meus sentimentos
nas sombras, na tempestade,
calan as miñas palabras
nas rúas da gran cidade.
Murcha a miña ledicia,
pérdese a miña alma,
morren estes meus ollos,
apágaseme a mirada.
Cantan as miñas bágoas
versos xamais escritos,
cantan, rosman, e eu choro
polo que xa foi perdido.
Escoita o meu corazón
o que o oído xamais oe,
escoita os suaves murmurios
de quen en vida xa morre.
viernes, 29 de febrero de 2008
De idas e partidas
Benqueridos lectores:
Xa levaba ben tempo sen publicar nada neste meu blog. Que non escribise nada debeuse máis á miña propia desidia que á perda da musa ou o interés pola verba escrita. Quixo o meu sino que fosen as desgracias e a tristeza as que me forzaran a darlle saída de novo aos meus sentimentos (coma case sempre) en verso, se ben non erudito nin axeitado, si cando menos sincero.
Non pretendo poñerme no lugar de Dani, Alba ou Iago, pois non pode o meu humilde entendemento comprender o que eles senten, pero si quero con isto amosar o meu apoio
e respeto a tres persoas que admiro e das que estou a aprender tantas cousas. Isto vai por ti Belesar, por ti Claudina e por a tía de Iago, porque agardo que estedes no mesmo sitio no que nacen os meus versos.

-Onde os pensamentos viven-
Onde as almas sempre morren,
de soidade en compañía,
onde os soños nunca espertan
do soño que é súa vida.
Onde a noite se fai día
onde a morte se suicida,
berra por sempre un silencio,
chora comigo a ledicia.
Onde se atopa o perdido,
xamais volve o que foi ido,
onde nacen teus desexos
no odio do máis querido.
Onde os días son escuros,
e danza a noite coa lúa,
espera o tempo ao futuro
aos versos do máis profundo.
Alí estarei por sempre,
agardando a túa chegada,
alí morarán meus soños,
alí vivirá a miña alma.
Onde as almas sempre morren,
de soidade en compañía,
onde os soños nunca espertan
do soño que é súa vida.
Onde a noite se fai día
onde a morte se suicida,
berra por sempre un silencio,
chora comigo a ledicia.
Onde se atopa o perdido,
xamais volve o que foi ido,
onde nacen teus desexos
no odio do máis querido.
Onde os días son escuros,
e danza a noite coa lúa,
espera o tempo ao futuro
aos versos do máis profundo.
Alí estarei por sempre,
agardando a túa chegada,
alí morarán meus soños,
alí vivirá a miña alma.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)