Eu nacín e medrei na terra, coma as patacas. Esa terriña que todos levamos no máis fondo de nós. Foi esa chamada da Galiza nai (e tamén, como non, os degoiros de escritura que en min espertaron as sempre axeitadas verbas de Dani, o meu bloggero preferido) a que me afastou da inhumanidade de uns e ceros que decote me arrodea. Para os que aínda non me coñezades o meu nome... non ten importancia. Pois neste recuncho da rede non importa quen sexas, senón o que sintas.
Agardo que os meus versos ,enxebres ou non, vos axuden como o fixeron comigo, ou cando menos vos divirtan. Son para min fusión de sentimento e palabras,poida que non moi boas, pero que veñen do máis fondo de min.
E iso ten que ser un bó comezo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Noraboa polo blog. Realmente vexo que escribes moi ben e alédame ver que non son o único que plasma a súa alma nesta fiestra aberta ó mundo que é internet. Moito ánimo e adiante, compañeiro!
Publicar un comentario