Benqueridos lectores tédesme que desculpar: namoreime de min mesmo. Si,si, é certo. Pois é que agora vai resultar que escribo ben e todo (ou iso é o que din os eruditos na materia).
Estaredes a preguntar a que ven este exercicio de egocentrismo absoluto. Todo ten unha explicación. Non hai moito presentei algún dos meus escritos, que agora todos podedes ler aquí, a un concurso de narrativa e poesía. Xa vedes, a desvergonza dos ignorantes empúxanos ata o punto de crer que o que facemos é bó. Pero máis estraño aínda é que gañei. Por iso eu tamén lof maiself, por que yo lo valgo ou calquera frase descafeinada que se vos ocurra para definir ese estado no que (un ignorante feliz coma min) comeza a sentirse orgulloso do que fai en moito tempo.O meu blog estame a abrir novas portas ao mundo,a novos lectores, a novas opinións.
Este premio non o gañei eu, senón todos aqueles que, agora máis que nunca, me animaron a seguir escribindo cando eu xa perdera as ganas de seguir vivindo. Que os meus escritos sigan entretendo a aqueles que teñan a ousadía de adicarlle 5 minutos da súa vida.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Enhorabuena por tus poesías y por tus premios.
Hoy si que me he acordado de visitar tu blog, ¿eh?
Espero que te siga yendo todo bien con tus escritos y que te sigas lof yorself. ¡No tanto!
Un saúdo
james,james,james... que estás facendo james???
se puidera cambiábache o comentario a galego.xDD Moitas gracias polos ánimos.
Todos somos poetas no noso interior. A única diferencia (ou diferenza? maldita normativa XD ) é que hai xente que ten a capacidade de expresar o que sinte dunha forma poetica e moi bonita como é o teu caso. Noraboa, recoñezo que tes calidade. Algun dia mostrareiche algunha das miñas poesias a ver si che gustan ainda que non as considero boas, nin tan sequera as considero poesias XD. Pasareime por aqui para leer de vez en cando.
ah pasate por mi blog si quieres
Moitas gracias espantapájaros polo teu apoio. Todas as críticas(para ben ou para mal) serán ben recibidas; máis aínda se non sei quen eres, como é o caso.
Seráun pracer para min poder ler as túas poesías
Que gañases o concurso de narrativa e poesía que ti e mais eu sabemos, non quere dicir nada, e o sabes xD Eu tamén o gañara o ano pasao e mais... :\
Ala, segue escribindo, e mellora as túas habilidades. Espero ver algún día algún libro teu publicado, en Galaxia ou Akal a poder ser xD
De todas formas, unha cousiña... deberías esquecerte un pouco de ti mismo, e tentar facer poesía... máis abstracta e menos egocéntrica, baseada máis en sentimentos que en persoas que os sofren... é a miña recomendación, próbao. Posiblemente non entendas ben o que digo, pero non te preocupes, é normal.
Shas! Saúdos.
Gracias(¿?) galatei por pasarte por este pequeno recuncho. Anque terei en consideración as túas palabaras me temo que o non remataches de entender (ou máis ben de ler) fuches ti. O propósito destas poesías non era acadar a beleza ou a perfección poética, nin explorar os límites da excitación sentimental, senón sinxelamente unha vía de escape e apoio. As nosas motivacións para escribir son distintas, e a nosa opinión sobre a importancia do premio tamén.
Publicar un comentario